NON FAGAMOS DANO AO QUE NOS DA A VIDA

España en xeral, é unha das potencias a nivel europeo en canto a pesca  se refíre, tendo en conta os principais factores dela (volume da pesca, economía…). Dentro de España, as comunidades que máis destacan son as da costa noroeste e norte, das cales Galicia é a que máis cartos e toneladas move. Hai que  mencionar ao mexillón e aos diferentes tipos de crustáceos mariños como parte importante da pesca galega.

Agora ben, sabendo que Galicia vive principalmente da pesca, por que non coidamos das nosas augas? Certos estudios achéganos datos sobre a contaminación nas nosas rías provocados por nós, un exemplo directo deles é o furtivismo, unha sobreexplotación que está tendo moita importancia en varias rías, por exemplo a Ría do Burgo (A Coruña). Tamén chegan datos alarmantes nos que falan de arredor de 2000 residuos, a maioría plásticos, por cada 100 metros cadrados nas nosas praias. O mal funcionamento nas depuradoras fecais nas nosas rías, principalmente a de Pontevedra, unha das mas prexudicadas. El País, un dos periódicos punteiros en España, dinos que unha das principales causas da contaminación da ría é a empresa Celulosa-Elnosa, que bota arredor duns 300 kg de mercurio anuales (cifra recentemente apoiada polo periódico A Voz de Galicia). É certo que dita empresa non se gañou unha boa reputación cara ao publico, pero temos que ter en conta que xa leva moitos anos en Pontevedra e proporciona 330 postos de traballo directos e arredor de 500 de maneira indirecta (segundo A Voz de Galicia).

El Mundo, outro dos grandes periódicos a nivel Español, afirma que o problema está no deficiente rendemento  das depuradoras de augas fecais. Francisco Menéndez, o presidente das Augas de Galicia, pide aos concellos que incrementen as partidas económicas para mellorar o rendemento das depuradoras. Debido a que nestas só debería entrar augas fecais, sen embargo, polo xeral mestúrase coas augas pluviais (auga limpa da chuvia) e ralentiza o proceso. Os gobernos deberían saber o que é realmente importante aunque isto non se vexa, porque eles saben que unha canalización para separar ambos tipos de augas non o veríamos e pensarían que nos pensamos que non fan nada, prefiren cambiar a lámpada da rúa que non da luz, que iso si se ve.

          ” A Terra non é unha herdanza dos nosos pais, se non un préstamo dos nosos fillos.” Este antigo refrán indio resume isto a perfección.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta