RÍOS TINTOS

rocas_rio_tinto

A mina de Touro, situada en A Coruña, levaba varios anos funcionando e o único que fixo foi contaminar, aínda actualmente. Algúns ríos como o Ulla e Lañas pasan os niveis de cobre, zinc e plomo e as analíticas que lles fixeron ás augas mostran contaminación por metais pesados e de alta acidez. Estas substancias son tóxicas e bioacumuables, pero por riba de todo destrúe o medio acuático.

A explotación acabou en 1986 e agora preténdese seguir. Pero esta vez é peor, queren ampliar o seu radio de acción. Utilizaranse 15.000 toneladas de produtos químicos, que afectarán a 689 hectáreas a ceo aberto. Algúns destes produtos son perigosos e sospeitosos de producir cancro. Contruiranse balsas xigantescas para os lodos contaminantes a só uns 200 metros da aldea de Arinteiro e xerarase unha nube de pó con metais pesados que se extenderán 15 kilómetros e chegarán a Compostela.

Hai moitas denuncias presentadas que demostran que a vella balsa de lodos continúa devolvendo auga contaminada ao río Brandelos, un dos afluentes do Ulla. E non só se contaminan todos os ríos aos que van a parar esas substancias, tamén ás vivendas que están preto da mina.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta