OSOS POLARES, CADA DÍA PEOR

Durante milleiros de anos os osos polares sobreviviron mais alá dos períodos cálidos no Ártico. Cando a cuberta do xeo mariño era baixa, ao alimentarse dos cadáveres das baleas que quedaban varadas. Esta fonte de alimento sostivo aos osos cando se limitaban en gran medida á vida na terra e eran incapaces de vagar polo xeo en busca de focas para cazar.  Pero esto non se vai a repetir.

“Se a taxa de perdida e o quecemento do xeo continua sen mitigarse o que vai acontecer co hábitat do oso polar vai superar todo o documentado no ultimo millón de anos” di a bióloga Kristin Laidre.

Os osos polares necesitan o xeo mariño para sobrevivir, posto que é a plataforma principal para a caza de focas, súa principal fonte de alimentos. Viaxan polo xeo buscando buracos para respirar ou madrigueras de focas. Cando o xeo rompe a finais de primavera os osos polares xaxunan na terra, esperando que o xeo se forme novamente para poder reanudar a caza.

Aínda así, os osos polares son alimentadores oportunistas e víronse en múltiples ocasións comendo cadáveres de balea que morreron no mar e foron arrastradas a terra. Os osos poden consumir e almacenar rapidamente grandes cantidades de graxa , cousa que funciona ao seu favor.

Nalgúns casos, observados entre 40 e 60 osos polares diferentes que se alimentan de cadáveres de grandes baleas cabeza de arco e baleas grises. En 2017 observáronse máis de 180 osos sobre unha única balea morta. Os osos individuais frecuentemente regresan ao mesmo esqueleto ao longo de varios anos.

Os autores baseáronse en observacións no campo para evaluár a impotencia potencial dos cadáveres de balea e como poderían axudar aos osos a sobrevivir nun ártico sen xeo. Está claro que os osos polares persistiron nos períodos interglaciares de escasez de xeo no pasado como resultado dos cambios climáticos naturais. Os investigadores plantearon a hipótese de que, nun grado significativo, os osos sobreviviron ao furgar nos cadáveres de baleas almacenando grandes cantidades de graxa cando cazar focas non era unha opción.

Os investigadores querían determinar se un numero suficiente de baleas grandes morrendo e chegando a terra cada ano podería ser suficiente para remprazar ás focas como fonte de alimentación  para os osos polares nalgunhas áreas.

Pero alimentarse de baleas mortas inda que posiblemente critico en tempos históricos parece pouco probable que axude á maioría das poboacións de osos polares a sobrevivir no Ártico que se quenta rapidamente. O Ártico e o fogar de 19 subpoboacións de osos polares pero non en todas as rexións ven grandes varamentos de baleas e morren tan regularmente como o “Mar de Chukchi´´.

Ademais inda que as baleas varadas probablemente axudou aos osos a sobrevivir nos últimos tempos de escasez de xeo, o paisaxe ártico cambiou drasticamente dende entón. As poboacions de baleas son máis pequenas debido á explotación humana anterior e a actual caza furtiva de baleas poden afectar inda máis aos osos polares e a capacidade de usar as baleas varadas que morren no Ártico.

Se non coidamos o planeta moitas das especies actuais acabarán por desaparecer é outras actividades como a caza deportiva ou a tauromaquia deberíanse prohibir posto que ninguén debería poder decidir cando un ser vive ou morre.

Grazas por ler.

primeiro paseo dun oso polar saíndo da sua cova

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , , , , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta