UNHA PERIGOSA CATÁSTROFE

Screenshot_2018-10-31-20-28-35-1

Como todos sabemos, o cambio climático é a maior ameaza medioambiental á que se enfrenta a humanidade e as súas consecuencias poden ser devastadoras se non reducimos drásticamente a dependencia dos combustibles fósiles e as emisións de efecto invernadoiro.

A situación é tal que o planeta solo ten ata 2030 para deter o cambio climático, advirten os expertos. Un informe emitido pola ONU di que o planeta estará a 1,5 grados centígrados por riba dos niveis preindustriais cara 2030. Isto apresura o risco dunha sequía extrema, incendios forestais, inundacións e escasez de alimentos para centos de millóns de persoas.

desertización-1-960x640

O planeta xa está a dous terzos de camiño, cunhas temperaturas globais que se quentaron aproximádamente 1 grado centígrado máis. Evitar subir máis requerirá accións significativas nos próximos anos. Si superamos os 1,5 graos centígrados de quentamento global haberá máis veráns calurosos acompañados de ondas de calor, un aumento do nivel do mar, peores secas e choivas extremas. De feito, os impactos do cambio climático xa son perceptibles e podemos aprecialos por datos como:

  • O aumento da temperatura global en 2016 foi de 1,1 grados (o maior na historia da humanidade).
  • A subida do nivel do mar.
  • O progresivo desxeo das masas glaciares, como o Ártico.

Nesta foto podemos apreciar o progresivo desxeo do Ártico.

Ainda que hoxe en día tamén estamos vendo os impactos económicos e sociais:

  • Danos nas colleitas e na producción alimentaria.
  • As sequías.
  • Riscos na saúde.
  • Os fenómenos meteorolóxicos extremos como tormentas e furacáns.
Este é o furacán Florence, que se potenciou debido ao cambio climático.

Este é o furacán Florence, que se potenciou debido ao cambio climático.

A solución ao quentamento global: As enerxías renovables. A sustitución dos sistemas actuais de xeración da enerxía por enerxías renovables é a mellor opción, xa que os fluxos naturais da enerxía renovable son enormes, cubrindo con creces as nosas necesidades presentes e futuras.

Algunhas das enerxías renovables son as seguintes:

1.ENERXÍA SOLAR: É o aproveitamento da enerxía que provén do Sol. A radiación solar podese convertir en enerxía térmica ou enerxía eléctrica. Un panel solar capta a enerxía do Sol para o seu aproveitamento.       

Photovoltaik_Dachanlage_Hannover_-_Schwarze_Heide_-_1_MW   

 2.ENERXÍA EÓLICA: É a enerxía obtida a partir do vento, que xenera electricidade mediante o uso de turbinas de aire.            energia_eolica_ventos_turbinas

3.GAS NATURAL COMPRIMIDO: É unha mezcla de gases combustibles, que, por ser económico e ambientalmente máis limpo é unha alternativa para sustituir aos combustibles líquidos.

4.ENERXÍA MAREOMOTRIZ: Obtense aproveitando as mareas mediante o uso dun alternador, pódese utilizar o sistema para a xeración de electricidade.como-obtener-energia-mareomotriz

5.ENERXÍA UNDIMOTRIZ: Permite obter  electricidade a partir da enerxía mecánica xerada polo movemento das olas. Non está moi explotada polo seu costo de mantemento, pero fácil predecir óptimas condicións na oleaxe.                    20170615-Energía-undimotriz-Estamos-desaprovechando-nuestras-costas-02

6.ENERXÍA HIDRÁULICA: Aproveita a caída de auga desde unha certa altura para xerar enerxía eléctrica.              Qué-es-la-energía-hidráulica

7.BIOMASA: É a enerxía que pode obterse a través dos desfeitos biodegradables de material biolóxico. Actualmente querese aproveitar esta enerxía como sustituto natural do petróleo e o carbón.

esq2_ciclocarbono1

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Ciencia e Sociedade, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.