A TERRA EN 200 MILLÓNS DE ANOS

A capa externa da Terra está formada polas placas tectónicas, que móvense a unha velocidade duns poucos centímetros ao ano. Estas placas xúntanse e forman un supercontinente que permanece durante máis de 100 millóns de anos, ata que se dispersan as placas. Despois dun lapso de tempo de entre 400 e 600 millóns de anos, este proceso repítese.

O último supercontinente chamado Panxea, foi formado fai uns 310 millóns de anos e créese que o seguinte formarase en 200/250 millóns de anos.

Fundamentalmente, existen 4 posibles escenarios:

Novopanxea

No caso de que se mantivesen as condicións actuais, é dicir, o Atlántico abríndose e o Pacífico cerrándose

Panxea última

O Atlántico podería comezar a pecharse no futuro, o que tería como consecuencia a colisión de América, Europa e África. Este novo supercontinente estaría rodeado por un súper océano Pacífico

Aurica

No caso de que o Atlántico desenvolvese novas áreas de subdución (algo que xa podería estar a acontecer), o Pacífico e o Atlántico poderían pecharse.

Amasia

As placas estanse desprazando cara o norte. Esta deriva pode ser producida por anomalías no interior da Terra. O Atlántico e o Pacífico permanecerían abertos

De estes escenarios Novopanxea considérase o máis probable, pois os outros tres escenarios necesitarían procesos adicionais para realizarse.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta