Estradas… con curvas!

Permafrost-02

É curioso, verdade? A foto que estás a ver enriba, pese ao que poida parecer, non está modificada; realmente… é así!

A foto foi tomada nunha estrada de Alaska (Estados Unidos). Ao contrario do que poidamos pensar, nin é unha foto editada, nin a estrada foi construída desa maneira. O responsable desta modificación do chan, é o desconxelamento do Permafrost.

 

.https_%2F%2Fi.ytimg.com%2Fvi%2Flxixy1u8GjY%2Fmaxresdefault

Para entender isto, primeiro temos que saber que é o Permafrost. Ben, o Permafrost é o subsolo conxelado do Ártico e de Siberia que representa o 25% da superficie terrestre do hemisferio norte e mide uns 1500 metros de profundidade. Nestas terras, que levan conxeladas decenas de miles de anos, aumentou a temperatura máis rápido que no resto do planeta, e en 2100 pode que o 90% do xeo teña desaparecido. Canto máis se eleve a temperatura do solo, máis vexetación crecerá que, á súa vez, colabora coa aceleración do desxeo. A desaparición do Permafrost tamén afecta á estabilidade dos alicerces das casas, do chan das estradas e da infraestrutura urbana da rexión, que foron construídos para un chan permanentemente conxelado.

http_%2F%2Fwww.northtoalaska.com%2F_%2Fmedia%2FImages%2FNorthToAlaska%2FViewPoints%2F_UserDefined%2FMelodyThomas_3ac94d6a-c5c4-41bc-8b03-d4ef726e86ca%2F2015%20Jul%20%20CAN%20YT%20Dawso - copiahttp_%2F%2Fdiscovermagazine.com%2F_%2Fmedia%2FImages%2FIssues%2F2018%2FJune%2FDSC-B0618_12

O desconxelamento do Permafrost é unha consecuencia máis do proceso de cambio climático causado pola acción humana; unha realidade hoxe incontrovertible a pesar das prédicas negacionistas.

A nivel global, e aínda que non é xa doado revertir o proceso e deter o desxeo dos polos, cando menos para atenualo, precisaríase tomar varias medidas, como terminar coa dependencia do petróleo e dos combustibles fósiles en xeral, xa que éstes liberan gases nocivos para a atmosfera (como o CO2) e fan que aumente o efecto invernadoiro. A nivel individual, tamén podemos tomar unha serie de medidas para reducir o aumento do efecto invernadoiro, tales como: diminuír o uso de automóbiles, aforrar o uso da electricidade ou tomar duchas en vez de baños longos e pechar a auga ao lavar os dentes.

Estas son pequenas cousas que poderían marcar a diferenza se cada persoa que habita o planeta tomara conciencia do gran impacto ambiental xerado polas malas prácticas. Do contrario, agárdanos un futuro con moitas curvas…

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , , , . Garda o enlace permanente.