EURÁFRICA?

descarga

Xa vai sendo hora de comezar a falar desa investigación levada a cabo por varias universidades, entre as que destacamos a de Granada e a de Geo Kiel(esta última de orixe alemán), coa colaboración do Instituto do Mar de Barcelona. Pois estas asociacións voltaron ao pasado, pero non ese pasado no que as cores branco e negro apoderábanse das nosas televisións, senon de fai 10 millóns de anos.

Falamos dun arquipélago volcánico situado entre a Península Ibérica e África, máis concretamente no Mar de Alborán. Esta illa estaría dotada de actividade volcánica e a súa vez asumiría o rol de ponte conectora entre Almería e Melilla, que daría lugar a un intercambio de especies terrestres e acuáticas.

O seu fin sería lento xa que comezaría a ser cada vez menor a súa actividade volcánica ata chegar ó arrefriamento para rematar afundíndose fai 6 millóns de anos, pero aínda así quedarían unhas pequenas illas que tamén rematarían por afundirse despois de 5,2 millóns de anos.

 

Esta entrada foi publicada en Novas e etiquetada , . Garda o enlace permanente.