TENERIFE E GRAN CANARIA, UNHA ÚNICA ILLA

gran-canaria-tenerife_2

Actualmente a distancia que separa a estas dúas illas é de aproximadamente 65 kilómetros. Pero parecen sufrir un movemento xeodinámico de aproximación que  dentro de varios millóns de anos chegará a unilas.

Expertos da Universidade de Sevilla e o Laboratorio de Astronomía, Geodesia e Cartografía da Universidade de Cádiz  publicaron un estudo no  Journal of Geodynamics , a pesar de que o obxectivo deste estudo non era o comportamento destas dúas illas , grazas a el observouse que está a ocorrer un proceso de unión entre elas que podería estar causado por unha falla entre as dúas áreas.

Cristina Torrecillas, profesora da Universidade de Sevilla comentou que os valores de desprazamento entre as dúas son milimétricos, polo que, dados os 64 kilómetros cas separan, farían falta millóns de anos para que sucedera a súa unión. Os movementos xeodinámicos causados pola falla son laterais e poderían dar orixe a outros elementos, dato tamén ofrecido por Cristina Torrecillas.

Trás a crise volcánica do Teide en 2004, que  provocouse  por una multitude de terremotos relativamente débiles, foi necesario controlar a actividade xeodinámica de Tenerife. Por esta razón establecéronse varios puntos de referencia repartidos arredor de toda a illa. Isto permite predicir que son moitos os factores que propiciarán nos seguintes anos que ocorra distinta actividade volcánica que confirme a aproximación entre ambas.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra e etiquetada , , , , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta