UN NOVO CONTINENTE

Portada

A capa externa de Terra, a litosfera, que se corresponde coa codia e a parte superior do manto, está formada por pezas sólidas chamadas placas tectónicas, estas móvense uns poucos centímetros cada ano.Placas_tectonicas_mayores.svg Cada certo periodo de tempo xúntanse e dan lugar a un supercontinente, que se mantén unido durante aproximadamente 100 millóns de anos e que desaparece despois de que as placas se separen outra vez. Este proceso repítese nun lapso de entre 400 e 600 millóns de anos.

Sabemos que no pasado formáronse varios supercontinentes, o último deles, Panxea, que se formou hai 310 millóns de anos e comezou a separarse hai 180, aproximadamente.

E como será e onde se situará o seguinte?

Ata agora, temos dous teorías que intenta explicar a formación dun supercontinente, a de introversión, que postula que os continentes fórmanse sobre a rexión do continente que o precedeu. E a teoría de extroversión, que di que se forman no lado oposto do globo terráqueo.

Para o seguinte, existen catro probables formacións: Novopanxea, Panxea Última, Aurica e Amasia.

As posibilidades de que se forme un en vez dos outros, dependen de varios factores. Pero todos están relacionados co modo no que Panxea se separou e o movemento actual dos continentes.

Cabe mencionar antes, que, a ruptura de Panxea conduciu á formación do océano Atlántico, que continúa abríndose, mentres que o Pacífico estase estreitando.

1. Novopanxea Panxea utlima 1Novo panxea

Se as condicións actuais mantéñense, é dicir, que o Atlántico continúe abríndose e o Pacífico estreitándose, formarase o continente no lado contraria a Panxea.

2. Panxea última

A apertura do Atlántico podería ralentizarse, incluso, chegar a cerrarse, polo que formaríase unha nova Panxea.

 

 

3. Aurica

Neste caso, poderíanse cerrar tanto o océano Atlántico como Pacífico debido á apertura da greta panasiática, que atravesa Asia dende u oeste da India ata o Ártico, formando tamén un novo océano.

4. Amasia

Algunhas placas tectónicas estanse desprazando actualmente cara o norte, deste modo, poderíamos encontrar a todos os continentes xuntos no Polo Norte, excepto á Antártida.

ammasia

Ademais, todo isto pode levar a grandes cambios climáticos, xa que, o proceso de ruptura dun supercontinente da lugar a procesos volcánicos nos que se liberan grandes cantidades de CO2, altas temperaturas e o aumento do efecto invernadoiro. Polo contrario, no proceso de formación encontraríamos épocas máis frías. E, tamén, cambios na química dos océanos que a súa vez, inflúe nos organismos mariños.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta