Galicia estremécese de novo

terremoto 2

Monforte, Guntín, Antas de Ulloa, Cospeito, O Saviñao e A Estrada foron as zona onde máis se notou o terremoto de magnitude 4,1 en escala Richter, rexistrado o martes  21 de agosto ás 02:28 horas da madrugada con epicentro na localidade de Taboada (Lugo).

Veciños das vilas nomeadas anteriormente chamaron a emerxencias, onde aseguraban que sentiron como se movía o chan.

Este terremoto producido a 12 km de profundidade sentiuse en zonas como Taboada, onde nunha escala do 1 ao 10, suporía o nivel cuarto.

terremoto 1Asimesmo, con menor intensidade, este terremoto deixouse notar tamen en Arzúa, Cacheiras, Chantada, Lugo, Santiago de Compostela, Sarria, Tui e Vilalba, onde o Instituto Xeográfico Nacional está revisando os  datos e podría modificar a  magnitude do seísmo inicial.

Según a Rede Sísmica Nacional rexistráronse un total de 23 terremotos na mesma zona dende o 21 de agosto de 2017, ainda que solo 3 foron percibidos pola poboación, estes foron o 2 de agosto, o 10 de agosto e o producido o 21 de agosto. E según a Rede Sísmica Española, cada ano prodúcense 2500 terremotos no noso país, ainda que a maioría son tan leves que non se chegan a apreciar.

Estes terremotos ou sismos son sacudidas do terreo producidas por forzas que actúan no interior do planeta. O tremor da Terra prodúcese polo choque das placas tectónicas. Por iso, as zonas con perigo por terremotos son no sur e sudeste da península.

Unha das causas principais da formación dos terremotos  é a liberación da corteza terrestre debido á actividade volcánica e tectónica que se orixina nos bordes da placa.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta