A CATÁSTROFE QUE DEIXOU UNHA CIDADE ESCONDIDA

Ver las imágenes de origen

Pompeia foi unha cidade da Antiga Roma que se encontra cerca da actual cidade de Nápoles e arredor da base do Monte Vesubio. Foi una cidade que contaría con aproximadamente 20.000 habitantes. Pompeia quedou marcada pola erupción volcánica do Vesubio xunto con Herculano, outra cidade que quedou sepultada.

Antes do tráxico suceso houbo sinais precursoras, pero como ocorrían continuamente non lles daban importancia. Esas sinais eran os continuos tremores de terra, pero xa a principio de agosto do ano 79 empezou a haber pequenos terremotos e xa eran moito máis frecuentes e a tarde do 24 de agosto (non se sabe exactamente se foi en agosto, un novo traballo arqueolóxico di que puido ocorrer en outubro) do ano 79 d.c  tivo lugar unha terrible erupción do volcán Vesubio.

Todo empezou cando saíu unha columna de fume do volcán. O volcán tivo unha erupción Pliniana  chamada así por un relato sobre a erupción do Vesubio escrita por Plinio el Joven) caracterízase polas violentas explosións e fortes presións dos gases que expulsa. As nubes que xerou acabaron formando precipitacións en forma de cinza que cobrou moitísima extensión e podíase ver a Km. Outro rasgo desta erupción son os fluxos  piroclásticos  que tiveron un movemento rápido, denso e moi quente, derribando as estruturas polo seu paso, incinerando a todas as persoas que estaban no lugar e alterando a paisaxe. Todo isto estivo acompañado con pequenos tremores e un pequeno maremoto. A cidade quedou sepultada ata 1748 cando foi descuberta. Aparte das edificación atopáronse esculturas e obxectos artísticos, tamén atoparon pinturas e murais e algúns corpos recheáronse de xeso e descubriuse a forma orixinal da súa posición antes de morrer.

Os restos da cidade pódense visitar xunto co museo existente.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta