AS DEVOLUCIÓNS AXUDARÁN ÁS NOVAS XERACIÓNS

O compost que devolvemos á terra ten engadido os beneficios para o solo, que provocará que os produtos que medren neste material sexan más ricos en macronutrientes e mirconutrientes, que  varían coa porcentaxe de compost que se lle engada. Esta sinxela acción, de reciclar os descompostos, fai que as colleitas con abonos orgánicos aumentasen porque os consumidores demandan alimentos frescos e máis sans para o seu consumo.

O aumento dos nutrientes nas plantas é provocado polo uso do compost que elevando a temperatura do solo fai que se desenvolva a formación das raíces dos vexetais. En canto se aplica no solo agrícola, pretende contribuír á adaptación dos solos ó cambio climático. Cando diminúe a materia orgánica baixa a temperatura dos solos volvéndoos máis fríos. Esta baixada de temperatura aféctalles ás características físicas , químicas e biolóxicas, como solución ó aplicar o compost modifícase a súa estrutura pola aportación de nutrientes. Ademais de nutrientes contén materia orgánica que aumenta a actividade microbiana na terra. Os principais compoñentes do solo son: os minerais (as rochas), a auga, o aire e o material orgánico (follas, animais en descomposición) e por último o compoñente que menos se ten en conta a biota Edáfica, conxunto de organismos vivos responsables de darlle vida e equilibrio ó solo, mellorando así as súas propiedades químicas. Todos os solos posúen esta composición polo que para mellorala emprégase o compost.

• Os minerais proveñen de materiais inertes e inorgánicos. Teñen abundantes nutrientes necesarios para as plantas como ferro (Fe), potasio (K) e calcio (Ca)

• Materiais orgánicos e biolóxicos. Os seres vivos ó descompoñerse tamén lle aportan  nutrientes ás plantas.

O abono orgánico é máis estable porque cando remata o cultivo o contido neste segue sendo maior que nos abonos sintéticos, cando é engadido nun solo agrícola. Cando se eleva o contido de macro e micronutrientes, fortaléceos e vigorízaos  evitando a erosión e o lixiviado dos nutrientes, isto fai que a actividade do solo sexa favorable para garantir a prevención das pragas e enfermidades vexetais. Neste caso este abono  recibe o nome de substrato, o seu uso máis conveniente é no céspede, arbustos, árbores ou invernadoiros.En cambio no seu uso mineral emprégase para mellorar a nutrición mineral vexetal, na que as plantas adquiren minerais como o potasio(K), fósforo(P) ou nitróxeno(N) actuando como ”mineiros” na codia terrestre.

Amigos de la Tierra e a Universidade de Santiago están poñendo en práctica estes beneficios do compost sobre a terra o que provoca a mitigación do cambio climático. Para isto analizaron os solos, así souberon os efectos destes sobre a súa estrutura e as melloras do mesmo cara a resiliencia dos cambios de temperatura, e o descenso da disposición da agua.

Amigos de la Tierra leva 20 anos traballando en proxectos de compostaxe, tamén en campañas políticas para conseguir a separación da materia orgánica e o seu compostaxe.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta