Informouse da aparición dun buraco no xeo antártico do tamaño de Panamá e realmente non sabemos como se creou.
O térmo científico para isto é polinia que se define como un espazo aberto de auga rodeado de xeo mariño.
Mariño porque a polinia non se produciu na zona continental da Antártida senón na banquisa, un área que corresponde ás enormes capas de xeo que se estenden ao longo do continente.
Esta polinia non é a primeira, pero si a maior observada no Mar de Weddell dende os anos 70, cunha superficie de oitenta mil quilómetros cadrados.
Especúlase que a súa formación podería deberse o feito de que as augas profundas do océano Antártico son máis cálidas e salgadas que a superficie para que se produzan correntes mariñas de convección onde a auga quente sobe á superficie ao derreter o xeo.
Isto é normal que ocorra nas rexións costeiras, os límites das capas de xeo onde está máis quente, pero fíxoo no corazón da banquisa, algo moi inusual. É pronto para culpar o cambio climático deste burato, pero, en calquera caso, debemos estudalo porque normal non é.