A Antártida medra

O xeo da Antártida non so se move expandindose senon tamén se esta a elevar.

Non so a Antártida estalle pasando isto senon que a maior parte  da superficie terrestre tamén se eleva debido o axuste postglacial.

Este movemento ascendeente foi comprendido grazas a misión de gravidade GOCE da ESA, revelando que o manto que o suxeita está comportándose como un fluído viscoso, permitindo que a corteza descenda baixo o influxo do peso do xeo nel. Provocando que a fusión do xeo  faga que a superficie da Terra deixe de soportar ese peso e ao principio ascenda rapidamente polo efecto do rebote elástico, reducindo a súa velocidade co tempo.

Para revelar a velocidade na que ascendía a Antártida  empregaron datos de estacións GPS na baía do mar de Amundsen, na Antártida Occidental. Dándolle unha velocidade de 41 mm por ano, sendo unha das maiores velocidades dadas comparando coa da capa rochosa que ascende a 10mm por ano.

Repetiron esta proba en Groenlandia onde daba a cantidade de 30mm por ano.

Este movemento do leito rochoso da Antártida deunos máis datos da superficie do manto, proporcionándonos a misión GOCE nova medicións para xerar un campo gravitatorio da Terra e investigar a súa estrutura.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra e etiquetada , . Garda o enlace permanente.