ÁFRICA ESTASE PARTINDO EN DOUS?

africa se parte rift valley

A gran greta que podemos observar na imaxe anterior sucedeu hai uns meses en Kenia, no Gran Val do Rift, unha fractura de 5000 km de lonxitude que recorre o este do continente africano de norte a sur, entre Eritrea e Mozambique. A greta ten máis dun kilómetro de largo, unha profundidade de ata 50 metros e uns 10 metros de anchura.

Moitos medios de comunicación publicaron que esta greta sería o principio de algo histórico que ocurriría en poucos anos, que África se dividiría en dúas partes, pero isto non é así xa que esta grieta non se provocou por culpa do movemento de placas tectónicas como decían os medios de comunicación se non por culpa de buratos de aire provocadas polos fluxos de agua subterránea no interior da terra.

Os xeológos prevén que África se separe en dous dentro duns 10 millóns de anos xa que o terreno se vai afundindo ao largo do Rift ata que quede inundado totalmente. Esto será o que verdadeiramente divida a África en dous.

 

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra, Novas e etiquetada . Garda o enlace permanente.