O CHAN MÓVESE BAIXO OS NOSOS PÉS

O ano pasado foi o vixésimo aniversario do maior terremoto que houbo aquí, en Galicia. O director da Rede Sísmica Nacional, Emilio Carreño, comunicou que no catálogo de terremotos do Instituto Xeográfico Nacional anunciaron que este foi o maior terremoto rexistrado en Galicia. Rexistrou 5,1 grados na escala de Richter e este suceso aconteceu as 2 da madrugada o 22 de mayo de 1997 .O seu epicentro tivo lugar en Triacastela, un concello pequeno situado en Lugo que non chega a 700 habitantes.

Este tremor sentiuse en toda Galicia e en pequenas partes do oeste de Castilla-León. A mañá seguinte os servizos de urxencias de cerca de Lugo colapsáronse e a Radio Galega chegou a recibir asta 10.000 chamadas. Este terremoto non causou grades danos a excepción dunha vivenda que foi derrubada, pero a pesar de isto houbo unha víctima mortal. Isto aconteceulle a un home de Sarria de 40 anos que sufriu un infarto as 6:30 da madrugada do 22 de mayo. O director da Rede Sísmica Nacional asegura que sempre poderá haber terremotos nesa zona debido a que son pequenas fallas activas que se van cargando e de cando en vez se relaxan. Tamén houbo outro gran terremoto que afectou o noroeste de A Coruña.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra e etiquetada . Garda o enlace permanente.