OS NOSOS ANTEPASADOS.

neandeertal

Fai 35 anos, no xacemento israelí de Kebara, encontráronse os restos dun varón xoven, alcumado Moisés, que morreu hai 60.000 anos. Os ósos descubertos, foron examinados meticulosamente por un grupo de científicos internacionais que atinaron que o esqueleto do Neandertal tiña un esqueleto moito máis estable co esqueleto do home moderno. Estas afirmacións parten dunha serie de estudos, nos que se inclúe unha reconstrución 3D do esqueleto atopado en Israel.

Os Neandertais tiñan as costelas inferiores orientadas horizontalmente. Esto leva a supor que a respiración dependía maís do diafragma que da caixa torácica, a diferenza dos Homo Sapiens, tamén tiñan máis capacidade pulmonar e ían máis erguidos ca nos. Para chegar a estas conclusións e respostas a tantas preguntas sen responder, foi necesario practicar unha reconstrucción virtual que se fixo por medio dun software 3D feito para este fin. Tívose que escanear óso a óso. Despois, recolocalo virtualmente, e nese proceso, houbo que cortar e alinear algúns xa que presentaban deformacións.

 

Na última década, as reconstrucións virtuais fóronse convertendo nunha innovadora ferramenta no estudo dos fósiles, sobre todo de ósos fráxiles como vértebras e costelas, e tecnoloxías coma estas, ábrennos outra porta para facilitarnos o estudo e a observación dos fósiles máis complexos.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta