UNHAS BOAS SACUDIDAS

terremoto 2

O 21 de agosto tivo lugar un terremoto de magnitude 4,1 na localidade de Taboada ó redor das 2:20 horas, sen provocar danos materiais nin persoais. Axitou o solo a 12 km de profundidade.

 “A sacudida notouse bastante”, comentaba unha veciña de Taboada, mentres que outros só escoitaron o ruido producido durante o terremoto. Sen embargo, outros nin se enteraron.

Estos sismos son cada vez máis habituais na zona. No que vai de ano rexistráronse un total de 23 terremotos. Os tres últimos, ocurridos  no mes de agosto, foron os únicos percibidos pola poboación. Precisamente, o IGN (Instituto Geográfico Nacional) comunicou que despois de rexistrarse este último terremoto en Galicia recivíronse máis de 400 chamadas de veciños da comarca alertando do temblor.

O Instituto Geográfico Nacional revisou os datos correspondentes ó terremoto rexistrado esa madrugada no suroeste da provincia de Lugo, cambiando o seu epicentro da localidade de Monterroso á de Taboada, e rebaixando a súa intensidade de 4,1 a 3,5 graos na escala de Richter. O seísmo, que afectou pincipalmente ás comarcas de Chantada e A Ulloa, púdose sentir tamén en outras zonas, incluíndo a Mariña lucense, Costa da Morte, Rías Baixas e incluso a localidade asturiana de Colloto.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.