VOLVEN RECORDOS AÍNDA NON ESQUECIDOS

Aínda non pasou un ano dende a última erupción volcánica, que tivo lugar o día 3 de Xuño en Guatemala, as cales arrebataron a vida de arredor de 200 persoas, facendo tamén a desaparición tamén de moitas aldeas de arredores.

Estouvos falando do “Volcán de Fuego“, un dos volcáns activos máis grandes de toda Guatemala (superando os 37oo metros de altitude sobre o nivel do mar) e a pesar de que é un dos máis activos de toda América. O coloso regaloulles uns últimos anos de tregua aos habitantes que residen na saia deste volcán, traxicamente para eles activouse, causando moitísimos destrozos a un país moi pobre como é Guatemala. Isto tráelle máis problemas dos que poderían sucederlle a un país máis preparado loxística e económicamente.  109 mortes, 197 desaparecidos, 58 feridos, 12.407 evacuados, 3.710 albergados y 1.713.617 afectados; son as cifras qu nos proporcionan rtve. Por se iso non fora suficente, habería unha segunda erupción neste mesmo ano.

O pasado Luns, 3 de Decembro, o volcán volveu a erupcionar. A Conred (Coordinadora Nacional para la Redución de Desastres) afirmou que todas as poboacións que vivan ao pé do volcán deberían ser evacuados. 4000 persoas evacuadas e 75ooo afectadas, a día de hoxe non sabemos moito máis con seguridade. 32 horas leva activo no que levamos de ano.

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta