XEOEVOLUCIÓN IBÉRICA

IMG_20181207_111552

Por todos é sabido que o noso territorio, xa sexa galego, portugués ou murciano, forma parte da península ibérica. Un pedazo de terra que se adentra no mar, unido ó continente por un gran istmo. Pero, por qué? Por qué somos unha península? Por qué temos ese relevo? Por qué nos estamos situados preto de África e Nova York a 5781 km?

Grazas ós científicos e ós xeólogos hoxe podemos responder esas cuestións. Para empezar a explicar a evolución do terreo temos que remontar á formación da Terra, nas primeiras etapas a península non existía só estaba emerxido o Macizo Galego. No fondo da auga fóronse depositando sedimentos que darían lugar a grandes capas de estratos. Para explicar a emersión da península e a formación do relevo dividiremos os acontecementos según a era xeolóxica na que ocorreron.

ERA PRIMARIA (PALEOZOICO):

Neste periodo tivo lugar a orogenia Varisca, esto levou a que os estratos depositados no fondo do mar sufriran altas presións que provocaron o seu pregamento. Posteriormente emerxeron dando lugar á Meseta.

ERAPRIMARIA1

Fai entre 310—290 millóns de anos, como vemos na imaxe anterior, a península Ibérica formaba parte do centro do continente daquela época: Pangea. Pero debido ós movementos das placas tectónicas o manto litosférico daquel momento rompeu, provocando a separación dos continentes, e formouse un novo.

ERA SECUNDARIA (MESOZOICO):

Durante esta era a erosión desgastou os relevos hercinianos convertíndoos en macizos ríxidos e os materiais erosionados depositáronse no fondo do mar.

ERASEUNDARIA

ERA TERCIARIA (CENOZOICO):

Neste período, os sedimentos depositados anteriormente pregáronse como consecuencia da oroxenia alpina, dando lugar á Cordilleira Cantábrica, ós montes Vascos, ó sistema Ibérico, os Pirineos e as cordilleiras Béticas.

ERATERCIARIA

ERA CUATERNARIA: 

Nesta etapa prodúcese a erosión dos montes polos ríos e os glaciares. Rellénanse as cuncas sedimentarias e fórmanse as depresións do Ebro e do Guadalquivir. Tamén xorden as zonas chás das costas pouco profundas.

ERACUATERNARIA

E así, co paso do tempo e os fenómenos xeolóxicos chegamos ó que hoxe é a península Ibérica.

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra. Garda o enlace permanente.