METADE E METADE

grieta-africa

Que unha creba xeolóxica de case 5.000 quilómetros cruza África de norte a sur o que produce que remate dividida en dous? Pois si, e non é por alarmar pero isto é así dende fai 20 millóns de anos.

Situándonos no Gran Val do Rift topamos cunha pequena aldea chamada Mai Mahiu, nela localízase unha gran fendedura dun quilómetro aproximadamente que ten unhas dimensións de 50 metros de profundidade e 10 de amplitude(foto),esta aumenta uns 7 milímetros cada ano o que en 50 millóns de anos creará una nova illa, pero esta ata sete veces maior a Madagascar.

Todo isto pódese explicar pola teoría tectónica de placas, que  explica  unhas placas ríxidas que cobren a Terra móvense unhas respecto a outras o que  ocasiona movementos convectivos provocados pola calor interna terrestre, explica que hai certos puntos de contacto nos que debido ao roce crean un espazo con maior actividade sísmica e volcánica, pero tamén di que parte da calor ascende cara o manto o que , deste xeito, ocasiona correntes convectivas pero que esta vez moven océanos e continentes, e hai que mencionar estos movementos son case imperceptibles visualmente para os humanos. africa partida

O Val do Rift marca a división entre as placas africana, somalí, india e arábiga. Nese posto, parte da codia terrestre sepárase e o fondo énchese de rochas volcánicas xa que o manto ascende, o que tamén produce erupcións e terremotos constantes. Científicos afirman que a medida que o terreo que rodea ao Rift se afunde, este quedará completamente cuberto por auga o que provocará que África se parta en dous.

 

 

Esta entrada foi publicada en Dinámica interna da Terra, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta