ESTÁ O CAFÉ EN PERIGO?

Os grans do café son uns dos principais produtos de orixe agrícola que se comercializan nos mercados internacionais, pero nas próximas décadas o 60% das especies silvestres de café corren o perigo de desaparecer. A porcentaxe de ameazadas sube ata o 70% si se desconta do total a case vintena de especies das que non hai datos fiables.

Unha das variedades que verase máis afectada será o café Arábica, o máis comercializado do mundo representando máis do 60% da produción mundial de café, podería pasar a ocupar unha praza como especie ameazada na Lista Vermella de UICN.  Aínda que actualmente só tres especies teñen interese comercial (O arábica, o robusta e o libérica), a extinción dunha das demais ameaza o futuro tanto do café silvestre como o cultivado.

Existen polo menos 124 especies silvestres de Coffea, e a maioría non son orixinarias das terras húmidas de Etiopía. Hai en Sierra Leona, no extremo occidental do continente africano, ata no estado de Queensland, ao este de Australia. Estímase que sofren este risco sobre 75 das 124 variedades de café silvestre existentes, dalgunhas quedan poucas plantas e doutras non hai noticias dende fai case un século. Das 75 variedades en perigo, 13 están en perigo crítico de extinción, mentres que 40 en perigo e 22 poden considerarse especies vulnerables. Aínda que o risco dáse en toda a distribución xeográfica do café silvestre, concéntrase en Madagascar, con 43 especies ameazadas, Tanzania, con 12, e Camerún, con sete. As causas principais son a deforestación, o avance da agricultura, o cambio climático e a propagación de pragas.

O problema da conservación in situ agrávase porque moitas das especies silvestres non teñen copias de respaldo fora. Gran parte da biodiversidade  vexetal conta con estratexias de conservación ex situ. Mentres que o 71% dos 63 principais cultivos humanos contan con algunha copia de seguridade, só a teñen un terzo das especies cafeteras

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Novas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta