AS PRADEIRAS DO MAR MEDITERRÁNEO

Resultado de imagen de posidonia oceanica

A Posidonia oceanica podemos chamala un falso amigo, porque aínda que semelle ser un alga polo seu aspecto bastante similar ou polo medio na que a podemos atopar, non o é. É unha planta acuática con raíces, un talo que forma rizomas, follas alargadas que poden chegar ao metro de lonxitude  e tamén produce flores e froitos.

Esta especie atópase  só no mar Mediterráneo  entre a costa e uns 40 metros de profundidade.  Estímase que estas pradeiras cobren ao redor  de 38.000 km2 do fondo mariño.

E a cuestión é : Por qué estas pradeiras son tan esenciais para o Mediterráneo?

Pois por diferentes razóns, como por exemplo proporcionan refuxio e alimento ao redor de 1000 especies diferentes de animais que conviven nelas (esponxas, estrelas de mar, moluscos…), ademais centenares de peixes poñen os seus ovos nestas pradeiras. Por outro lado manteñen a auga mariña limpa e transparente e son unha das principais fontes de osíxeno do mar. Estas son algunhas das razóns da importancia desta planta, aínda que hai máis.

Resultado de imagen de posidonia del mediterraneo

Desgraciadamente, as pradeiras de posidonia estanse vendo afectadas por diferentes riscos, como pola alga Caulerpa;  unha alga que crece rápidamente  e compite coa posidonia polos recursos.  É moi sensible a contaminación ( outro risco) polo que é considerada como un bo bioindicador da calidade das augas. As augas residuais, pesca de arrastre… son outros dos moitos riscos. Pero existen algunhas campañas para protexer esta especie emblemática do Mediterráneo.

Por último unha curiosidade é que podería ser uns dos seres vivos máis grandes e lonxevos do mundo.

Este vídeo dá máis información das posidonias.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta