O ÚLTIMO VOLCÁN EN ERUPCIONAR DA PENÍNSULA

Na zona catalana de La Garrocha encontrase un volcán estromboliano chamado Volcán Croscat. Forma parte do parque natural da zona Volcánica de La Garrotxa. Este parque ten máis de 40 conos volcánicos e 20 coladas de lava, considérase o parque mellor conservado da península Ibérica, máis que nada por ser o máis recente. É o volcán maís xove da zona, tivo dúas erupcións, a primeira fai 17.000 anos e a segunda fai 11.500 anos, converténdose así no último volcán en erupcionar da penísula. O cráter ten unha extensión duns 60 km2.

 

volcanDurante 25 anos este volcán estivo dedicado a explotación de gredas,  empregado na construción de pistas de tenis e para a produción de ladrillos. A explotación do volcán foi a principal causa das movilizacións populares que fixeron co Parlamento de Cataluña, en 1982, apróbase a creación do Parque Natural de la Zona Volcánica de la Garrocha. Non obstante, ata 1991 non se puideron parar as extraccións, cando a Generalitat de Cataluña comprou a empresa explotadora. Posteriormente, a mesma Generalitat expropiou os terrenos da Reserva Natural  procedeu a su restauración. A extracción de gredas ou lapilli deu lugar a un impresionante corte na parte posterior do cráter, que converteuse nunha atracción turística. As capas máis oscuras son as orixinais da lava, pero debido a oxidación,  formaronse unha serie de capas de cores avermelladas e alaranxados moi chamativos.

 

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta