Creouse o primeiro nanorobot completamente autónomo capaz de exterminar células canceríxenas.
Estes nanorobots que teñen un tamaño de 90 x 60 nanómetros, o que equivale a mil veces máis pequenos do grosor dun cabelo humano.
Os nanorobots están deseñados para ser introducidos nos vasos sanguíneos que levan a sangre cara os tumores canceríxenos.
Están formados por unha base feita de fragmentos de ADN xunto a catro moléculas de Trombina (unha enzima clave para coagulación da sangue).
Os micro robots introdúcense por vía intravenosa e son capaces de dobrarse sobre si mesmos para formar un tubo oco e desprazarse polos vasos sanguíneos ata chegar o tumor, este é detectado polos nanorobots mediante o ADN que teñen na súa base, unha vez alí ambas parte reaccionan formando unha barreira que impide o paso da sangue cara o tumor.
O tumor o non poder alimentarse e acaba morrendo, os robots deixan que seque o tumor hasta destruílo sen causar ningún coágulo noutras partes do corpo.
Os coágulos eran o maior medo que tiñan os científicos, pero nas probas experimentais con roedores como o rato non houbo ningún problema.
Esta nova mediciña inda é moi prematura para alegrarse e exclamar que se atopou a cura do cancro pero desde logo e moi prometedora e seguirémola moi de cerca. Se todo acaba en éxito unha enfermidade tan arrasadora como o cancro podría ser curada en cuestión de horas.
Algo a destacar sobre este proxecto é que os investigadores son españois e podrian chegar moi lonxe coa sua investigación.