TEMOS QUE TER COIDADO ATA COAS SALES!

En 2008, empezou a entrar a España una nova droga nada coñecida en estos territorios que se lle chamaba MDPV. Esta nova droga veu de EEUU cara Europa, España e o sitio que menos consumo ten pero Canadá, Finlandia e Gran Bretaña teñen altos números de consumidores.

O seu nome científico é Metilendioxipirovalerona pero en España chamáselle Droga Caníbal e ven de unha planta chamada Khat que crece en África e ao sur de Arabia.

É difícil de detectala ata os cans rastreadores non poden olfacteala, entón era máis fácil camuflala en sales de baño, fertilizantes ou repelente para insectos e así podían traficar con ela con máis seguridade e en maior cantidade. Presentase como un pó cristalino de cor branca, gris ou canela e pódese tomar fumándoa, esnifandoa, inxeríndoa e inxectándoa.

En Galicia, temos un caso moi destacado de un adolescente de 17 anos que ingresou no hospital de Lugo nun estado de agresividade extrema e permaneceu dous días en coma inducido e uns días máis na UCI.

Cando saíu do coma comentou o que sentira nesa noite que probou a droga, dixo que sentira taquicardias, confusións, paranoias, que tiña pensamentos suicidas, pensaba que todos lle querían atacar, que estaba a vomitar seguido e que tiña máis ganas de manter relacións sexuais. El afirmou que non a volvería a probar porque a experiencia foi horrible.

 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta