As luces subterráneas de Mallorca

As covas que aparecen na foto reciben o nome de “Covas do Drach”.Descuberto no 1338, é un complexo de catro covas situadas na illa de Mallorca nas Illas Baleares.

Estas covas exténdense ata unha profundidade de 25 metros e alcanzan os 2,4 kilómetros de lonxitude. A temperatura oscila entre os 18 e 20 graos e a humidade do lugar é dun 80-82%. As covas foron formadas pola acción da auga e da choiva e algúns científicos consideran que a súa formación podería remontarse ao período Miocénico.

As covas contan cun gran lago subterráneo (lago Martel), iluminado polo arquitecto e enxeñeiro Carles Buïgas, o cal se pode atravesar en barca. Outra característica visualmente atractiva son as numerosas estalactitas e estalagmitas que as covas presentan. As estalactitas (colgan do teito) son formadas como resultado dos depósitos minerais continuos e a auga que se filtra mentres que, as estalagmitas, (xorden do chan) fórmanse debido á decantación de solucións e a deposición de carbonato de calcio (CaCO3). Como resultado da unión de ambas, podemos encontrar nesta cova columnas ou pilares.  Dende o ano 1935 ofrécense concertos de música clásica e luces no lago Martel cunha duración de 10 minutos.

O primeiro mapa do lugar foi debuxado polo cartógrafo e espeleólogo M.F. Will no 1880 e son mencionadas en 1895 polo autor Xulio Verne no seu libro “Clovis Dartetor”.

cuevas del drach mapa.PNG BUENO   

http___static.thousandwonders.net_Caves.of.Drach.original.21235

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Sen categorizar, Xeral e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta