O pasado febreiro a empresa israelí, Shefa Yamim, atopou un mineral que se pensaba inexistente, ata agora, na Terra. O mineral, incrustado nunha xema azulada e bautizado como zafiro carmel, en honor ao monte Carmelo, foi incluído a semana pasada no listado oficial da Asociación Mineorolóxica Internacional.
Este está formado por Titanio (Ti), Alumino (Al) e Circonio (Zr). Foi atopado na rocha volcánica da rexión de Haifa, incrustado en cristal de corindón. Este mineral está caracterizado, ademais de polo súa cor azul, por unha rareza e un valor incalculables.
Algunhas das propiedades deste mineral son:
- Unha densidade de 4,1.
- Un punto de fusión de aprox 2000 K.
- Dureza de 9.
Créese que é de orixe meteorítica xa que ten características semellantes co Allendite, un mineral que tamén é de procedencia meteorítica e chegou aqui nun meteorito que surcou os ceos mexicanos en 1969.
En conclusión, nun futuro moi próximo as empresas pelexaran por poder recoller este tipo de minerais no espazo.