NON IMPORTA A MOBILIDADE, TODOS PRECISAMOS ESCOLARIDADE

E a xente que presenta parálise cerebral, estuda? Todos temos dereito a unha educación (artigo 27 constitucional) aínda que algúns precisen uns centros especializados ás súas necesidades. Como as persoas que presentan parálise cerebral, derivada dun trastorno neuromotor. Estas persoas a pesar de ter a mobilidade reducida teñen as mesmas capacidades intelectuais ca nós. Para poder comprendelos mellor hai que saber que é o que teñen, o significado desta lesión.

A maioría desenvolven trastornos neuromotores que se desencadean na parálise:

1º OS TRASTORNOS NEUROMOTORES: son trastornos non progresivos na mobilidade ou da postura debido a unha malformación no cerebro. Ten  como consecuencia unha lesión motórica leve ou severa, á que se lle suman danos a nivel sensorial, cognitivo, de comunicación, linguaxe, etc., podendo estes combinarse, é dicir, que non teñen por qué estar afectadas todas estas capacidades senón que poden combinarse entre si. Isto é o que se atopa principalmente na parálise cerebral, aínda que soa discapacitante non o é pero si é unha das patoloxías máis presentes na infancia.

2º A PARÁLISE CEREBRAL: é unha lesión ou malformación non evolutiva no sistema nervioso central producida, na maior parte dos casos antes de finalizar o desenvolvemento total do cerebro, antes do nacemento. Nestas situacións ven provocada por infeccións, mala alimentación, consumo de drogas… por parte da nai proxenitora. Durante o nacemento por unha falta de osíxeno e despois do nacemento por accidentes ou graves enfermidades como a meninxite. Hai diferentes tipos de parálise cerebral (PCI) que afectan a diferentes partes do corpo. Polo xeral conleva unha discapacidade física en maior ou menor grado, pero tamén pode ir acompañada dunha discapacidade sensorial. Inclusive pode alterar outras funcións e interferir no desenvolvemento do sistema nervioso central.

Ó ter estes problemas non poden acudir a un centro público, xa que algunhas persoas non poden falar nin ler. Por iso están os centros especializados como AMENCER-ASPACE nos que se encargan de atendelos individualmente. Temos a sorte de ter un en Vilagarcía chamado Princesa Letizia.

Amencer é un centro especializado para persoas de calquera idade que presentan parálise cerebral ou outros trastornos neurolóxicos. Adícase a cada unha das persoas dependendo das súas necesidades. Contan cun gran número de xente especializada para levar a cabo este traballo:

Cos logopedas traballan un sistema de comunicación alternativo para mellorar as funcións como a de mastigación. Os fisioterapeutas potencian as capacidades motoras, a posición e a prevención das deformidades corporais. Na parte cognitiva traballan a estimulación, a aprendizaxe adaptada á nivel de cada persoa e a maior autonomía.

Cada unha das persoas que traballan aquí buscan o benestar e a máxima evolución das capacidades dos seus alumnos mediante estes estímulos.

Este vídeo amosa o traballo que fan os coidadores neste tipo de actividades. Ensinan. Entreteñen. Divirten. E fanos felices. Xa que todos por moi reducidas que sexan as nosas capacidades físicas sabemos e somos conscientes de que precisamos o ensino para mellorar e aumentar as nosas capacidades.

Este post vai adicado a todas as persoas nesta situación, en especial ó meu tío Damián.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Eventos, Xeral e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta