UN FENÓMENO XEOLÓXICO “ULTRARRÁPIDO”

O barranco do Calabozo

Nunha rexión do norte de Gran Canaria, cerca de Cenobio de Calderón, no chamado barranco do Calabozo, encontrouse unha formación de rochas estraña.

Durante a segunda metade do século XX, as plantacións de plátanos regábanse con augas procedentes de pozos e/ou galerías subterráneas. Cando este auga non se transportaba por tubarias, extraíase das zonas altas dos outeiros facendo que esvarara polas ladeiras ata chegar as plantacións.

Dado o seu orixe volcánico, as augas do subsolo teñen unha composición química rica en bicarbonato, calcio, magnesio, sodio, sílice e dióxido de carbono, condicionando  que tanto dentro das tubarias coma na súa saída, se produza unha precipitación de minerais carbonatados, principalmente, sedimentos de calcita.

No caso do sistema do Calabozo, isto deu lugar a formación de sistemas de cascadas e piscinas nas que encontramos un conxunto de depósitos de sedimentos de calcita. Este sistema xa non está activo, máis antes podía compararse en funcionamento, non en tamaño, as formacións do Pamukkale ou “castelo de algodón”, en Turquía, ou as lagoas de Ruideira, en Castilla-La Mancha.

Este foi o proceso xeolóxico, xunto aos regadíos humanos, que formou o Calabozo, que ten unhas dimensións de 20m de alto por 10m de ancho.

A diferenza de outros sistemas, aquí encontramos formacións de tobas, un tipo de depósito de sedimentos. A circulación do auga pola ladeira causou a formación de barreiras ríxidas sobre a vexetación, ó contrario das plantas, que morren e se descompoñen, as cubertas de calcita perduran, creando estas barreiras verticais que antigamente retiñan pequenos remansos de auga. Ademais, podemos encontran dous tipos de láminas de calcita sobre as estruturas vexetais, as finas, nas que se preserva a estrutura de planta; e as grosas, que teñen forma cilíndrica con un poro central que se corresponde co tallo inicial. Esta laminación reflexa os períodos de regadío.

Para datar este proceso utilizouse unha pequena pedra que albergaba no seu interior unha imagesbola de polistireno. Este residuo delata a orixe humana e a antigüidade de toda a formación. O polistireno empezouse a fabricar en España no ano 1951, así que o sistema de Calabozo tivo que producirse despois. É dicir, a diferenza de estruturas deste tipo, que tardan miles ou centos de anos, este sistema formouse en décadas.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta