UNHA MORTE LENTA

fumar-mata-k6JH-U21508791048v0H-575x323@RC

Como xa todos sabemos, fumar mata, pero ata onde somos conscientes da realidade? Hoxe en día o tabaco en España está moi normalizado e tamén é unha das principais causas de morte. É bastante común ver xente fumando pola rúa, algúns fano por integración social, outros para relaxarse debido ao estrés, etc.

Pero, cales son as consecuencias de fumar? O tabaquismo ten moitas consecuencias na nosa vida, pero podemos agrupalas en consecuencias a curto prazo e consecuencias a longo prazo.

PRINCIPAIS CONSECUENCIAS A CURTO PRAZO:

  • Efecto antiestético: as uñas, os dedos e os dentes vólvense dun color amarelento.
  • Mal cheiro que se desprende da boca e o alento.
  • En mulleres, propicia a aparición de celulites.
  • Tose e expectoracións.
  • Fatiga prematura.
  • Alteracións do ritmo e do pulso.

PRINCIPAIS CONSECUENCIAS A LONGO PRAZO:

  • Adición.
  • Cancro: Esta é a principal e máis común consecuencia de fumar a longo prazo. Hai distintos tipos de cáncer causados polo tabaquismo: de pulmón, de larinxe, de boca, de vexiga ou riñón e de estómago. Nos últimos anos en España aumentou a morte por cáncer debido ao tabaquismo.
  • Enfermidades como o enfisema pulmonar. Esta enfermidade provócalle un dano irreversible ao noso organismo e reduce considerablemente a nosa capacidade respiratoria.
  • Enfermidades do corazón.
  • O tabaco nas mulleres diminúe os estróxenos. Isto leva a: alteracións do ciclo menstrual, menor fertilidade e probabilidade de quedar embarazada, alteracións durante o embarazo e alteracións na menopausia, téndoa antes que as non fumadoras.
  • Nos homes, diminúe a densidade e a velocidade do esperma, o que se asocia con infertilidade.
Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta