OS VIRUS QUE ACABARAN COAS BACTERIAS

Fai aproximadamente un siglo, as compañías farmacéuticas vendían medicamentos preparados a base de virus, para tratar de combater infeccións bacterianas que se  estendían neses tempos, cando os antibióticos aínda non existian, estes tipos de virus recibiron o nome de fagos.

Os resultados adoitaban ser  prometedores, pero as dificultades para illar os virus e para transformarlos en medicamentos fixeron que moitos destes produtos fosen de baixa calidade, isto máis a suma da creación dos  antibióticos desprazou case ao esquecemento o uso de virus bacteriófagos en moitas partes do mundo.

bilogia foto 1A situación cambiou e os  fagos teñen unha oportunidade. Xa que bacterias adaptánse rapidamente aos antibióticos -“Estímase que preto de 700.000 persoas morren cada ano por infeccións resistentes aos antibióticos.”-Atrévense a dicir alguns expertos.

O se uso consiste en que os fagos maten as bacterias  inxectando o seu ADN para reproducírense e despois destruílas por  dentro. Cada virus infecta bacterias moi específicas e iso ten as suas partes positivas e negativas. O seu lado positivo e que o tratamento é moi específico, é menos probable que cree bacterias resistentes e non prexudique aos microbios beneficiosos do noso organismo, o seu lado negativo por decilo dalgunha maneira, é a lentitude que leva atopar a bacteria correcta.

Por agora só se usan fagos cando se acaban as solucións, para usar os  fagos como terapia para os que non teñen outra opción, as  reguladoras deben dar o seu visto bo. As dúbidas sobre o seu funcionamiento baseadas en resultados anteriores dificulta estes permisos.

O desenvolvemento deste tipo de antibacterianos será lento debido á dificultade do proceso, pero tamén porque para as empresas farmacéuticas, polo momento, é máis fácil e económico producir antibióticos por métodos químicos tradicionais. Pero o número de bacterias resistentes aos antibióticos aumenta e serán necesarias todas as formas de defenderse posibles con urxencia.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Novas e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta