A música é unha mensaxe universal. Escoitar música está case inevitablemente entre as dez cousas máis pracenteiras que a xente experimenta. Aínda que realmente, por si mesma, non ten ningunha función biolóxica, a diferenza da comida, o sexo, ou os distintos instintos de supervivencia humana. A música acompáñanos dende a Prehistoria e, mesmo algún experimentos revelaron que os nenos recen nacidos xa teñen preferencias musicais: sábese, por exemplo, que os nenos prematuros que non son capaces de durmir son beneficiados polos latexos da súa nai ou sons que os imitan.
A música é a taquigrafía da emoción, citou o escritor ruso León Tolstói. Pero, que está a pasar no noso corpo cando escoitamos música?
Os centros do cerebro que están involucrados neste efecto son a gratificación, motivación, planeación e emoción; aínda que se traducen ao linguaxe corporal por exemplo ao cantar unha canción, tamborilar, mover algunha parte do corpo ou incluso aplaudindo ao ritmo da mesma.
A capacidade de producir e apreciar o ritmo, melodías ou notas é unha información xenética; e a ciencia encargada de estudar a relación entre a xenética e a música é chamada “Biomusicoloxía“.
O científico Robert Zatorre describe así o proceso de percepción musical: unha vez que os sons impactan no oído, transmítense ao tronco cerebral, e de aí á corteza auditiva primaria; estes impulsos viaxan a redes distribuídas do cerebro moi importantes para a percepción musical, pero tamén para o almacenamento da música xa escoitada anteriormente, dado que o cerebro ten unha base de datos almacenada e proporcionada por todas as melodías coñecidas.
Os neurocientíficos aínda seguen a investigar o efecto da música nas persoas, xa que está demostrado que todas estas conexións neuronais que nos causan sensacións, axudan á recuperación de algunhas enfermidades (como o ictus), axuda á actividade senso motora (ao bailar), ao linguaxe (ao expresarte coas emocións que te transmitan); e incluso á cognición (habilidades que non son musicais, como oír con precisión, recordar eventos que sucederon fai pouco e poder facer máis dunha tarefa á vez).
Sexa como sexa, todos estamos de acordo en que a música é un factor de certa importancia nas nosas vidas.