Un novo veciño na illa de Luzón.

O pasado mes de abril, descubreuse unha nova especie de Homínido na illa de Luzón filipinas. Os primeiros restos foron atopados durante a excavación dunha mina en 2007, anos máis tarde en 2011, volvéronse a atopar restos e, finalmente, atopáranse máis restos no 2015. O nome científico de este Homínido é Homo luzonensis en honra a illa na que foi descuberto.

Estes restos foron analizados por un equipo internacional de investigadores dirixido e coordinado polo francés Florent Détroit, profesor titular do Museo de Historia Natural de París. Entre estes había restos de ósos da man e do pé, do fémur e da dentadura entre outros. A nova foi publicada pola revista británica Nature, no cal afirmaban que posuía semellanzas cos xéneros Australopithecus e Paranthropus” ; e que viviu hai 50.000 anos no Pleistoceno Tardío.

“O que a converte nunha nova especie, é o conxunto de características, xa que elas por separado, están presentes en varias especies de homínidos e é iso o que a fai especial” afirmaba Florent. Aínda que según Florent é cedo para facer suposicións do seu comportamento e tamaño debido á falta de mostras, estímase que, a partir da dentadura, non era un Homínido de gran tamaño.

Esta entrada foi publicada en Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.