INMUNES A SELECCIÓN NATURAL?

evolucion-digital

Fai xa 160 anos da publicación da obra, que transformou a percepción da vida na Terra,“A orixe das especies” de Darwin. Dende entón  os científicos non fan máis que pensar se a selección natural xa non afecta ó ser humano.

Non hai dúbida en que a especie humana destaca no reino animal. As nosos avances e novas tecnoloxías permítennos protexernos e resgardarnos da furia do medio ambiente, cousa que ningunha outra especie pode a facer.

Quere isto dicir que os novos avances van a impedir a nosa futura evolución?

Por unha parte, por medio da comparación xenética podemos saber canto evolucionamos respecto a os nosos antepasados lonxanos. As diferenzas  máis notables son a cor da pel, o metabolismo… que agora permite a dixestión de alimentos que antes non podiamos dixerir, a lactosa por exemplo.

Que permitiu a capacidade de dixerir a lactosa? Fai máis de 10.000 anos os humanos só podían inxerir leite durante os primeiros anos de vida, pero co desenvolvemento da agricultura e da gandería puidemos evolucionar de maneira que o noso organismo aceptase ese azucre do leite. Isto deixa claro que os avances non nos impediron evolucionar nese momento.

Por outro lado, como ven di o xenetista Steve Jones : ”noutras épocas os nenos poucas veces superaban os 21 anos de idade” , isto impedía na maior parte dos casos que deixaran descendencia. Todas estas mortes eran materia prima para a selección natural,  a maioría desas mortes eran causadas polos xenes que eses individuos portaban. Pero, hoxe en día o 99% dos rapaces superan esas idades, porten os xenes que porten. Nos países en desenvolvemento case todo o mundo vive suficiente para transmitir eses xenes a outra xeración. Por esta razón Jones afirma que “se a selección natural nos se detivo, ao menos frenouse.”

Tamén hai que ter en conta o que o biólogo Stephem Stearns expón no seu estudo Framingham: ”a nosa evolución continúa, a cultura vai facer cambiar os fenómenos biolóxicos, simplemente non o vemos porque estamos en medio de ese proceso de evolución”. “A tecnoloxía detivo algunhas forzas evolutivas, como é o caso das enfermidades, pero iso nos quere dicir que o ser humano deixase de evolucionar”.

A nosa evolución futura vai depender máis de nós que da natureza. Vai depender menos de cómo cambie o mundo e máis de cómo nós facemos cambiar o mundo.


 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Novas, Xenética e evolución e etiquetada , , , , , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta