O regreso de virus que combaten ás bacterias

Resultado de imagen de fagos contra bacterias

Neste artigo falareivos dos virus que combaten contra as bacterias. Os fagos, parásitos intracelulares que se multiplican ao interior das bacterias e inféctanas, salvan a vida de moitas persoas con infeccións inmunes aos antibióticos. Actualmente en alguns países estase pediendo que se permitan estes tratamentos para pacientes.

Cando aínda non había antibióticos, as empresas farmacéuticas vendían preparados a base de virus para combatir as infeccións bacterianas que causaban estragos. Os fagos foron descubertos por un médico canadiense chamado Felix d´Herelle e utilizounos para pacientes con enfermidades como o cólera ou peste bubónica e creou medicamentos. Facendo un estudo dos enfermos de cólera saíu que un 92% dos pacentes tratados polos fagos salváronse desa enfermidade e o 37% que non foi tratado con fago non sobrevive á enfermidade.

Cando apareceron os antibióticos, que eran máis eficaces e máis fáciles de crear, fixo que a xente pensara que as infeccións bacterianas xa non serían un problema para eles e abandoouse o uso dos fagos.

Todo isto volveuse do revés e ese virus devora bacterias volven para darse unha segunda oportunidade. Un estudio do Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades calculou que as bacteria que non desaparecían cos antibióticos mataba arredor de máis de 30000 persoas cada ano. Os fagos modificados xenéticamente salváronlle a vida a unha adolescente británica que estaba desahuciada por unha infección inmune aos antibióticos  .

Un bebé con infección de fígado foi exposto a un tratamento con fagos que durou 85 días, que era o tempo necesario que se utilizaba para entrenalos e que detectasen e destruísen a infección que padecía o neno.

A todo isto, os antibióticos son un producto químico que mata ás bacterias bloqueando algún proceso que estas necesitan para sobrevivir. Os fagos matan ás bacteria xa que lles inxectan o seu ADN para reproducirse e explotalas por dentro.

Por ahora, só se utilizan os fagos cando xa non existe ningún tipo de solución. Para aplicar os fagos como terapia para os que non teñen outra saída, teñen que dar o seu visto bo as axencia reguladoras.

Xa hai tratamento a base de fagos que se utiliza no ámbito animal xa que foi un ámbito no que o uso mal feito dos antibióticos, supuxo un bo entrenamento para as superbacterias.

En conclusión, estes fagos salvan a vidas de infeccións bacterianas xa que os fagos destrúen esas bacterais malignas e acaban con elas. Grazas a eles, moitas das persoas que hoxe en día respiramos, estamos vivos e estes fagos volven para darse unha segunda oportunidad e seguir salvando vidas.

Esta entrada foi publicada en Mediciña e saúde, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta