ALTERNATIVA AOS ANTIBIÓTICOS

Fagos 1Ata agora as infeccións provocadas por bacterias son tratadas con antibióticos, pero a resistencia a estes medicamentos está aumentado a nivel mundial. Isto prodúcese pola mutación das bacterias ante o consumo destes fármacos. O uso excesivo e indebido dos antibióticos fai crecer esta resistencia, sendo así máis difícil buscar mecanismos para loitar contra as infeccións. A OMS afirma que, se non se toman medidas urxentes, moitas das infeccións comúns e lesiones menores volverán ser potencialmente mortais.

A principios do século XX, as farmacias comezaron vender preparados de virus como tratamento ante infeccións bacterianas, estes microorganismos foron denominados bacteriófagos ou fagos. Mais, non tiveron moito éxito pola inminente saída dos antibióticos.

Agora, as cousas cambiaron, o uso masivo dos fármacos antes mencionados presenta unha segunda oportunidade para os fagos.

A diferenza dos antibióticos, que se poden utilizar para combater infeccións aínda que non se saiba con seguridade a bacteria que a causou, os fagos actúan sobre as bacterias de cepas moi concretas.

No caso dunha moza británica, fixo falta probar máis de 10.000 fagos para atopar os que ían ser utilizados. Isto é un proceso moi lento pero que ó ser tan específico, disminúe a probabilidade da aparición de bacterias superresistente e non dana os microbios beneficiosos do noso organismo.

Podemos encontrar fagos tanto no mar como na terra ou mesmo dentro do noso organismo e son inimigos naturais das bacterias. Poden infectar as bacterias de dous formas ou ciclos: ciclo lítico e ciclo lisogénico.

No ciclo lítico, o fago fíxase na superficie da bacteria e introduce o seu ADN , podendo utilizar así os recursos da célula para reproducirse, finacicloslmente a bacteria estalla liberando centenares de fagos novos que repetirán este proceso.

No ciclo lisogénico, repítense os pasos de fixación e introdución do ADN, pero en vez de activarse e manifestarse,  integrase no cromosoma bacteriano. Deste modo, cada vez que a bacteria se divida, tamén o fará o ADN do fago. E cando as condición sexan óptimas, o ADN activarase, sairá do cromosoma e finalizará coma un ciclo lítico.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Mediciña e saúde, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.