ANO 2050

Co paso dos anos debido ás consecuencias do cambio climático, a humanidade afronta unha ameaza existencial en 2050.

Un novo informe de expertos australianos advirte de que “o cambio climático representa unha ameaza existencial de corto a medio prazo” para a civilización humana. Segundo esta previsión, isto sucederá debido ós factores sociais e ambientais causados por un planeta que estase quentando rapidamente.

O informe establece un futuro no que a sociedade podería colapsar debido á inestabilidade provocada polos patróns migratorios de miles de millóns de persoas afectadas pola seca, o aumento do nivel do mar e a destrución do medio ambiente.

As fases previstas son as seguintes:

Anos 2020-2030

Nos próximos 10 anos, os autores consideran “insuficientes” as medidas establecidas no Acordo de París. Subida da temperatura media do planeta polo menos en 1,6ºC e os niveis de dióxido de carbono alcanzarían 437 partes por millón.

Anos 2030-2050

O informe fala dunha maior concienciación por parte dos gobernos. Sen embargo, o uso continuado de combustibles fósiles aumentarán as temperaturas en 3ºC en 2050.

Ano 2050

O informe fala dun escenario de “Terra invernadoiro” no que a pesar de que as emisións se detivesen, a temperatura media do planeta aumentaría 1ºC. Baixo este escenario, a maioría da poboación estaría sometida a varios días ao ano de calor letal, nos que sería imposible sobrevivir. Ademáis, esta situación afectaría tamén á produción de alimentos, tendo como consecuencia que millóns de persoas se visen obrigadas a desprazarse. O benestar social veríase alterado ata tal punto que poden xurdir conflitos armados entre nacións pola escaseza de recursos e, incluso, ata unha guerra nuclear.

Finalmente, os autores falan da necesidade de construír un sistema industrial de cero emisións e reducir o carbono para protexer a civilización humana e evitar esta situación.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta