O SOL: UN INIMIGO SE NON TE PROTEXES

O sol é moi agradable, a súa luz apórtanos vitamina D e a todos lles gusta ter un bo bronceado, mais  pode ser perigoso se non tomamos as medidas e precaucións necesarias para evitar problemas de saúde, tanto na praia como en calquera lugar sempre que haxa exposición da pel. O cancro de pel é unha das consecuencias que pode ter facer unha mala exposición cara o sol, polo que este cancro aumentou nas últimas décadas segundo a Organización Mundial de Saúde.

O cancro de pel é unha enfermidade maligna producida pola división e crecemento descontrolado das células que a forman. Estas células teñen a capacidade de invadir os tecidos e estruturas sas derredor e nalgúns casos, outros órganos a distancia.

Hai dous tipos principais de cancro dependendo da zona afectada e devida ó tempo de exposición solar: melanomas e carcinomas cutáneos. Ámbolos dous tipos teñen como principal risco da súa aparición as radiacións solares, sobre todo de tipo B (UVB) e de tipo A (UVA). Estas radiacións poden causar na pel mutacións no materia xenético (ADN)  das células que compoñen a pel, impedindo así a súa reparación, deste xeito fórmase un cancro.

  •  O Melanoma é un tipo de cancro cutáneo. As células afectadas son as células produtoras de melanina (pigmento que da cor á pel), as radiacións solares poden alterar o seu ADN e comezan a dividirse e medrar sen control, invadindo os tecidos sas derredor e outros órganos que estén a distancia. Desenvólvense sobre todo nas persoas que teñen os ollos e a pel máis claros, ou que tiveran queimaduras solares na pel. A súa exposición excesiva localizada nunhas partes concretas do corpo, conleva que os melanomas se localicen principalmente nas zonas pouco expostas ó sol, como as pernas. Na actualidade prodúcense entre 2 e 3 millóns de casos de melanoma.
  • O Carcinoma é o tumor máis habitual no ser humano. Aparece na maior parte dos casos en xente maior de 50 anos, xa que é debido a exposición crónica ao sol ao contrario que o melanoma. Así como os mariñeiros, agricultores e os traballadores que están expostos moito tempo ó sol.Con gran frecuencia, as lesións atópanse nas zonas máis expostas: mans, pescozo e cara.

O aspecto das lesións que poden presentar estes tumores é moi  variado. Normalmente aparecen en forma de manchas vermellas que poden descamarse e sangrar formando costras que caen seguido, nódulos e úlceras que non chegarán a cicatrizar. Debido a que o crecemento do cancro de pel é moi lento non soen invadir ganglios polo que as persoas que o padecen tardan moito tempo en acudir ao médico.

Para evitar problemas na pel é importante coñecer qué é o Factor de Protección Solar (FPS ou SPF) que aparece nos botes das cremas. Este factor actúa multiplicando o tempo que a pel pode estar exposta ao sol. Este tempo depende do tipo de pel de cada persoa existen 6 clases diferentes en base a súa tonalidade, facilidade para queimarse e capacidade para broncearse. É o que se coñece como o fototipo. Débese botar 30 minutos antes á exposición solar para que os filtros solares poidan ser absorbidos e a protección solar faga a súa función de protección.

Ante a aparición de calquera alteración, lesión nova na pel ou cambio dalgunha xa existente, debes consultar ao dermatólogo.

 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Mediciña e saúde e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta