Seguro que é un medicamento?

homeopatia-medicamentos

A homeopatía é un método terapéutico que baseada na lei dos semellantes, a cal afirma que unha sustancia que provoca determinados síntomas a unha persoa san, en pequenas cantidades, é capaz de curar os mesmos síntomas a unha persoa enferma.

Os  homeópatas (persoas que se dedica o estudo da homeopatía ou a exerce como profesión),  elaboran os tratamentos consultando libros de referencia, coñecidos como repertorios onde, para a elaboración dun remedio homeopático considéranse factores como: o conxunto dos síntomas de cada paciente, o estado físico e psicolóxico, o seu historial médico…

Os medicamentos ou remedios homeopáticos son elaborados mediante sucesivas dilucións en auga ou alcohol, de maneira que a sustancia orixinal que produce os efectos da enfermidade quede reducida a unha cantidade minúscula. Os produtos que se utilizan para elaborar estes remedios poden ser de orixe animal, vexetal ou químicos. Para elaborar o medicamento homeopático séguese un proceso determinado:

  • Dilución: A idea e diluir o medicamento e repetir o proceso tantas veces como sexa necesario, hasta que a sustancia no sexa perceptible.
  • Dinamización: Debese realizar despois de cada disolución e consiste en axitar fortemente a disolución.

03tecnicarecuentobacteriasmetododilucionextincion

O medicamento homeopático utilizase tanto como tratamento único como complementario con fármacos convencionais.

Remedio efectivo ou efecto placebo?

  • Algúns estudios conseguiron demostrar que as sucesivas disolucións da sustancia que provoca síntomas de diversas enfermidades terminan por facer desaparecer por completo todo resto dela mesma, polo que o principio en el que se basea a homeopatía quedaría rebatido. Sen embargo, os expertos en esta disciplina defenden a súa eficacia apelando o efecto memoria que posúe o auga, segúndo esta teoría, a auga pode recordar as sustancias coas que ha entrado en contacto e adquirir, algunhas das súas propiedades.
  • Outros estudios afirman que os tratamentos homeopáticos deben utilizarse de forma complementaria cos farmacolóxicos, xa que tendían un efecto placebo. Los defensores de esta teoría defenden que o propio paciente pode auto influenciarse pola percepción de recibir un tratamento efectivo, pero realmente se trataría de administrarlle fármacos sen efectos directamente relacionados co tratamento dos síntomas dunha enfermidade. A explicación científica ven dada pola estimulación dunha zona do cerebro do enfermo o pensar que o tratamento terminará coa patoloxía, o que daría como resultado a melloría dos síntomas.
  • Por outro lado, aínda que a homeopatía está respaldada por moitos especialistas e institucións, algúns expertos e estudios afirman que é unha “farsa”, un remedio sen fundamento baseado nas teorías que van en contra da ciencia. A Organización Mundial da Saúde (OMS) desaconsella o uso para o tratamento de enfermidades importantes como a malaria, o sida, a tuberculoses, a gripe común ou a diarrea infantil.

En conclusión, existe en gran debate neste campo. E ti que pensas do seu uso?

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Mediciña e saúde e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta