SÓ UN POUQUIÑO

tratamiento-adicciones“O consumo de drogas está considerado como un problema social e os adolescentes son o grupo máis vulnerable ante o consumo de estas, xa que a súa identidade aínda está nun estado de formación”, así di un estudo realizado pola UNODC (Oficina de Nacións Unidas contra a Droga e o Delito).

Como sabemos, as drogas máis vistas nos adolescentes son o alcohol e o tabaco, que son de fácil acceso. De feito, moitos pubs e estancos venden a adolescentes e hoxe en día isto vese moito mais ninguén di nada. E así soen empezar, como din eles “só un pouquiño” ou “é para probar”. Unha enquisa demostra que entorno 1,5 millóns de adolescentes en España consumiron alcohol e tabaco.

Outro estudo, feito en Galicia, dinos que as causas xerais do consumo de drogas soen ser os factores de predisposición, problemas familiares ou ben trastornos psicolóxicos. Sen embargo, coloquialmente dise que unha persoa empeza a consumir drogas porque ten “unha mala influencia” pero nalgúns casos a persoa non está obrigada a consumir, senón que quere facelo. Isto sérvelles moitas veces aos pais para escusar ós seus fillos.

Volvendo co estudo da UNODC, algúns factores que aumentan a probabilidade de consumir drogas son os cambios físicos e hormonais, a curiosidade e o querer experimentar, seguir o exemplo dos pais e querer ser independentes.

Aquí déixovos unha gráfica onde se ven moi ben os porcentaxes de consumo:

grafico

Non é de dubidar que as consecuencias son irreversibles, danos cerebrais, danos no aparello respiratorio, danos psicolóxicos, etc. Isto pódese prever, advertíndolle ós adolescentes as consecuencias das drogas mediante charlas nos centros de ensinanza, por exemplo.

O máis recomendable é acudir a profesionais para manexar a situación da forma máis adecuada ante un consumo de drogas.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Mediciña e saúde e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.