TODO TEN CONSECUENCIAS

botellon

Hoxe en día todo o mundo sabe o que son as bebidas alcohólicas e cada día a idade de iniciación de bebidas deste tipo en menores comeza antes, en España soe iniciarse ao redor dos 14 anos. O ano pasado en España, máis de 6.000 menores de idade foron atendidos por coma etílico.

Pero son conscientes os menores dos riscos que ten o alcohol neles?

Como recorda o doutor Rubio:

“Calquera cantidade consumida por unha persoa en crecemento non é beneficiosa.”

O consumo do alcohol en adolescentes produce graves efectos sobre a súa saúde física, psíquica e social, xa que o seu desenvolvementos aínda non se completou.

Hai estudos que demostran os efectos prexudiciais da bebida precoz no desenvolvemento do cerebro que están asociados con dificultades de aprendizaxe. A investigación tamén demostrou que retrasar a idade na que os mozos toman a súa primeira bebida diminúe o risco de converterse en bebedores problemáticos máis adiante na vida.

En especial, o alcohol lesiona dúas áreas do cerebro que durante a adolescencia presentan cambios importantes:

  • O hipocampo: Encargado de activarse nas tarefas de memoria e aprendizaxe (os que beben máis e durante máis tempo teñen un hipocampo moito máis pequeno, ata un 10%).
  • A área prefrontal: Aquí é onde teñen lugar a maioría de cambios na adolescencia, o consumo de alcohol podería causar cambios graves, que afectarían á formación da personalidade ou ao comportamento en adultos.

Pero, por que os adolescentes comezan a beber?

Pode haber distintas razóns, xa sexa por insistencia do seu grupo de amigos, porque eles mesmos se sintan atraídos pola idea ou queiran probalo para experimentar, etc. Aínda que, tamén podería ser pola búsqueda de integración en círculos sociais xa que nalgúns casos queren desenrolar unha imaxe propia, un rol que buscan proxectar e potenciar ante os demais.

En calquera caso, antes de beber, hai que ter moi en conta as consecuencias que pode ter isto antes de facelo.

 

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Mediciña e saúde e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta