A MÁQUINA DO TEMPO DE BURGOS

Na actualidade, non é ningunha locura pensar que, nun futuro relativamente próximo, teremos entre nós maquinas para poder viaxar ó futuro ou pasado con “certa libertade”. Pois neste caso non vos falo dunha máquina, senón dunha cova. Tampouco permite viaxar ó futuro, pero si conocer o noso pasado. Fálovos de Atapuerca.

Os xacementos de Atapuerca foron considerados Patrimanio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000, xa que consideraron que Atapuerca debía de ser un referente de estudo no campo da arqueoloxía e paleontoloxía por ter no seu interior un total de 4 especies de homínidos diferentes, pinturas rupestres (representando animais, escenas de caza, imaxes deles mesmos…), utensilios fosilizados… E todo iso repartido polos diversos xacementos da serra.

Os xacementos de Atapuerca foron descubertos por casualidade a finales do século XIX ó querer construir un ferrocarril entre León e Asturias. Cando empezaron a escarvar para facer un túnel, deron cunha fisura. Esa fisura fixo parar a obra, e chamou a atención de moitos arqueólogos importantes non só españoles, tamén franceses (Henri Breuil) ou alemáns (Obermaier) entre outros. Hoxe en día, a serra de Atapuerca conta con estes 3 grandes xacementos:

  • Gran Dolina: nesta zona atopamos restos do Homo Antecessor (800.ooo anos de antigüedade aproximadamente)
  • Sima del Elefante: atopamos restos dun Homo sen concretar pola falta de datos, pero de fai 1.2 millóns de anos. Tamén restos do Homo Sapiens de arredor de 40.000 anos.
  • Sima de los Huesos: atoparon cerca de 4000 restos do Homo Heidelbergensis de uns 400.000 anos de antigüedade.

O meu obxectivo con isto e reconocer a importancia destes xacementos e informarvos a cerca deles, xa que me parece unha pena ter algo tan significativo e relevante nun campo, e a xente o descoñeza.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.