E TI DE QUEN VES SENDO?

evolucion-hominidos

Todos ou case todos escoitamos algunha vez ésta expresión tan galega, pero cal é o seu verdadeiro significado?

A nivel social fai referencia á familia e ao parentesco, pero no ámbito científico falamos de algo moito máis complicado, non só do parentesco cercano (avós, avoas, pais e nais) se non que falamos de antepasados de ata hai 60000 millons de anos.
Falamos da: evolución.

Ao logo do tempo científicos, paleontólogos, naturalistas, etc. foron atopando indicios e realizando probas para afirmar este feito. Tendo en conta a mentalidade conservadora e relixiosa de antes compre dicir que non foi sinxelo, aínda oxe se poden atopar persoas que negan este feito científico demostrado.

Existen varias teorías que explican éste fenómeno:
1. A teoría do Lamarkismo
2. A teoría neutralista ou neutralismo
3. A teoría do eqilibrio punteado ou puntualismo.
E a que conta con maior difusión e aceptación:
4. A teoría de Darwin ou Darwinismo, a versión actualizada desta teoría denomínase teoría sintética da evolución ou Neodarwinismo.

Esta imaxe que vos presento aquí é unha árbore de homínidos. Podemos atopar grandes sorpresas como o parentesco cos gorilas ou unha nova especie chamada Homo floresiensis, caracterizada pola súa pequena estatura, de aproximadamente un metro, e o cerebro de reducidas dimensións.

500px-Hominidae_filogenia

Dúas especies tamén descubertas hai relativamente pouco tempo son o Home de Denísova (2010) atopado na Cova de Denísova en Siberia, os científicos non están seguros de que sexa unha nova especie xa que pode ser unha subespecie, e o Homo luzonensis (2011-2015) na cova de Callao en Filipinas. Desta especie, a última descuberta, desenterráronse 13 ósos e dentes.

Este novo descubrimento, anque todavía non se poida afirmar completamente debido ós poucos restos que se atoparon, obriga a engadir un novo Homínido ós membros que habitaron a Terra hai aproximadamente 60.000 anos.

Formaron parte deste período neandertales, denisovanos, hobbits de flores, erectus e sapiens.

Grazas á análise dos ósos atopados sabemos que o Homo luzonensis conviviu na Terra co Homo floresiensis. Hai unha gran senemellanza entre o tamaño dos molares de ambas especies e inclusive a do Sapiens. Ademais cabe a posibilidade de que descenda do Erectus, a primeira especie que poblou Asia hai 1,8 millóns de anos.

Todas éstas especies terminaron por extinguirse excepto o Homo sapiens que habita agora na Terra. Isto nos fai preguntarnos por qué eles se extinguiron e nós non. Como dixo o paleoantropólogo Antonio Rosas “a diversidade da nosa especie é incrible, un modelo lineal que representa unha especie de primate tras outra ata culminar no sapiens”.

A razón pola cal nos seguimos aquí e os nosos antepasados non todavía se está por descubrir. Quizais polo cambio climático ou pola erupción dun volcán no sureste asiático (causa pola que se foron extinguindo lentamente os Erectus), non o sabemos aínda con certeza. Tampouco descartan que dentro duns anos se volvan a modificar os libros de texto debido a un novo descubrimento.

Só o tempo o dirá.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Xenética e evolución. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta