OS PEQUENOS AXUDANTES ACUÁTICOS DAS PLANTAS

Resultado de imagen de plancton

Coincidindo con que fai pouco foi o día mundial dos océanos (8 de xuño) , vamos a falar duns pequenos organismos que se atopa neles.

Absolutamente todos sabemos que as plantas por medio da fotosíntese liberan o osíxeno que necesitamos para respirar, pero moi pouca xente sabe que nos océanos existen uns seres diminutos que tamén liberan osíxeno. Estes seres diminutos chamados plancton eliminan a metade de todo o CO2 da atmosfera (provocado polo ciclo do carbono dos océanos) mediante a fotosíntese e ademáis almacénano nas profundidades. Pero, qué  é o plancto ?

Pois o plancto é un conxunto de organismos diminutos que viven nos mares e océanos máis abundantes, ata os douscentos metros, que ademáis de proporcionar osíxeno, eliminar CO2, son alimento dos peixes e das baleas. No plancto inclúense  virus, bacterias, arqueas, microalgas e algúns animais (medusas). Existen moitas clasificacións para diferencialos, e as máis coñecidas son a fitoplancto e a zooplancto.

Resultado de imagen de fitoplancton

Fitoplancto

Resultado de imagen de zooplancton

Zooplancto

Agora que xa sabemos mais ou menos o que é o plancton e o que fai, temos que saber que segundo un estudo está sendo alterado polo quentamento global. Os investigadores analizaron un microorganismo que se encontra no plancto, e decatáronse de que están mudando cara augas máis frías. Tamén o compararon a como era fai 170 anos, e así é como se decataron de que sufria alteracións, xa que a temperatura dos océanos amentou dende finais do S XIX coa industrialización. Aparte disto outro estudo demostra que cando o plancto se encontra en temperaturas máis cálidas produce menos ribosomas que cando está en temperaturas máis frías, o que provocara que o océano necesite máis nitróxeno, e esto nun largo periodo de tempo provocara una maior prevalencia das cianobacterias ( fitoplancton ) que fixan nitróxeno atmosférico.

Neste vídeo podemos ver unha das consecuencias do plancto.

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.