A ameaza do 2050: a subida do nivel do mar

O martes 29 de outubro, Nature Communications publicou un estudo no que di que a partir de 2050 algunhas zonas costeiras nas que agora viven 300 millóns de persoas aproximadamente, veranse afectadas pola subida do nivel do mar.

Esta subida do nivel prodúcese como consecuencia das emisións dos gases de efecto invernadoiro que se dan nas actividades industriais. Estes sobrequentan o planeta e afectan directamente ao desxeo dos polos.

Para conseguir frear todos estes factores e que as inundacións non se produzan en menos de tres décadas, debemos intentar que as emisións de dióxido de carbono e do resto de gases de efecto invernadoiro se reduzan significativamente e de forma inmediata. Por outro lado, debería valorarse tomar medidas de adaptación a este cambio climático, como por exemplo infraestruturas de contención de auga como diques ou muros.

Según o modelo creado polo Climate Central e publicado en Nature Comunications, as proxeccións ata agora subestimaban o número de persoas que se poderían ver afectadas.

asia-movil2Segundo este modelo, Asia será sen dúbida a zona máis afectada xa que concentran na costa a maior densidade de poboación. O informe publicado sinala que en seis paises asiáticos (China, Bangladesh, India, Vietnam, Indonesia e Tailandia) residen a maioría de pesoas expostas (237 millóns). No mapa da esquerda pódese observar que as zonas en vermello son as que están en risco de inundación.

doñana

 Pero en España tamén causará un impacto considerable: afectará ao redor de 200.000 persoas e porá en risco áreas moi importantes polo seu valor económico e natural, como Doñana, o Delta do Ebro, a Manga do Mar Menor e municipios de Cádiz e Huelva.

 

 


Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta