A CALOR MÚDANOS A TODOS

CúmulosPara comezar falemos sobre os cúmulos (provinte do latín: cumulos – montón),son un tipo de nubes que se forman cando o aire quente e húmido é quentado pola superficie da Terra  e comeza a elevarse. O aire arrefría a medida que se eleva, condensándose finalmente en pingas de auga que se adiren ás partículas trasportadas polo aire chamadas núcleos de condensación. A medida que as pingas condensan producen calor creando así un bucle de retroalimentación de humidade ascendente que pode resultar nos xigantescos montóns de nubes enchidas.

E agora falemos sobre as nubes pirocúmulos formanse de maneira similar a os cúmulos pero en circunstancias moito mais extremas de quentamento e condensación (como por exemplo nun incendio forestal ou por actividade volcánica).

Unha nube pirocúmulo provocada por unha erupción volcánica

O aire quente que sube condensa rápidamente cando chega ó ceo por riba das lapas. Mentres tanto, a vexetación que está ardendo no solo evapora toda a humidade, agravando a condensación que se está producindo nas nubes.

Os chorros de aire quente que sube dentro das nubes pirocumulos tende a crear unha atmosfera altamente turbulenta, o que pode resultar en algúns fenómenos climáticos inusuais. Por exemplo, se unha columna de nubes se contrúe o suficientemente alta, pode chegar a converterse nunha nube de pirocumulonimbos, creando unha nube de tormenta alimentada por lume.

En condicións húmidas, estas nubes poden producir treboadas e apagar o lume que as creou.  En cambio, en ambientes secos é mais probable que a choiva se evapore dentro  da nube e non chegue ó chan. E incluso en ausencia de choiva poden crearse os chamados raios secos  e expandir os incendios.

Esta entrada foi publicada en Clima e meteoroloxía e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta