COMO RECICLA EUROPA?

 

descarga

A unión europea contén 28 países, e non todos reciclan do mesmo xeito se non que cada pais utiliza distintos métodos de reciclaxe, en Europa tratáronse arredor de 2.320 millóns de toneladas de residuos, segundo os últimos datos dispoñibles de (Eurostat) en 2014, dos cales, recicláronse o 36,2%. Mais aló de cada pais, cada un opta por unha maneira de reciclaxe diferente.

reEspaña é o vixésimo primeiro pais de Europa no ranking do reciclaxe, reciclamos o 30% do lixo que producimos, mentres que o pais que encabeza esta gráfica é Suecia e Finlandia  reciclando o 99% do producido.

 España recicla un 29,7% do producido.  España ten 5 contedores principais, amarelo (envases, tetrabriks e latas), verde ( vidro), azul (papel e cartón), marrón ( residuos orgánicos) e gris ( residuos), pero tamén ten contedores para o aceite e pilas, a pesar diso, tamén opta polos vertedoiros urbanos, que non é a mellor maneira de reciclar, e por iso non chega aos porcentaxes que marcou a UE, no cal a media esta no 45% de residuos reciclados.

Noruega e Suecia reciclan case o 99% do producido, teñen un amplo sistema de reciclaxe a base de contedores de cores coas súas respectivas bolsas que lle concede o estado. A parte diso o lixo que non se pode reciclar queimase en fabricas para obter enerxía eléctrica e enerxía térmica que se distribúe por todo o pais.

Alemaña e Finlandia  ademais do reciclaxe a través de contedores de cores, teñen outro modelo para reciclar envases de bebidas. Os cidadáns pagan un imposto (uns céntimos de máis) cando compran botellas e latas, e solo se lles devolve os cartos se os depositan en perfecto estado nunhas máquinas situadas nos supermercados. De modo que obrigan ós cidadáns a non deformar plásticos nin latas para poder recuperar o prezo do envase.

Italia ten un sistema de reciclaxe variable dependendo do barrio no que resida cada cidadán, cada cidadán paga uns impostos para a recollida do lixo (tasa TARI) e o estado apórtalle unhas bolsas de cores  que debera deixar diante da súa porta ou edificio nun dia e hora determinado; se reciclas mal, deixas a bolsa non debida ou a unha hora non correspondente, múltante.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta