Estos últimos días escoitamos falar dunha tal “DANA” en Cataluña, e claro se non sabes o que é parece que nas noticias estan falando dunha muller, pero non é así.
A “DANA” é unha despresión illada en niveis altos e é un fenómeno metorolóxico. Normalmente coincide co inicio do outono. Experiméntase na costa Oeste de España e tamén nas Illas Baleares. A grandes palabras, a “DANA” é o resultado dunha fronte de aire polar frío que se move lentamente sobre Europa occidental a gran altura (entre os 5 e os 9 km) que ao chocar cona máis cálidos e máis húmidos do mar Mediterráneo, xera fortes e nocivas tormentas.
A “DANA” causou moitos desperfectos tanto en vivendas como nas rúas. Debido as fortes chuvias torrenciais desbordaron alguns ríos que provocaron que as rúas se encheran de barro, tamén pequenos cauces que só levan auga cando chove desbordaron e causaron moitos daños nalgunhas vivendas debido á masiva edificacion preto de cauces de pequenos rios que non sempre teñen auga. Moitos dos veciños dos barrios afectados queixaronse da pouca limpeza dos bordes dos rios e dos pequenos cauces dos cales falei anteriormente.
Este fenómeno meteorolóxico fai uns 100 anos non ocorría tan frecuentemente nen era tan catastrófico como actualmente, pero nos últimos anos estamos vivindo unha situación crítica xa que alguhas zonas que foron afectadas este outono tamen foran afectadas o outono pasado. Sen ir máis lonxe a Comunidade Valenciana sufreu unha “DANA” hai tan só un mes, mentres que a Comunidade Valenciana recuperábase deste fenómeno Cataluña tan só un mes despois era afectada polo mesmo.