EN VEZ DE COCHE GAMELA

 

Varias investigacións afirman o perigo do aumento do nivel do mar, especialmente nas cidades costeiras como por exemplo Cambados, o noso pobo. O aumento do nivel do mar vai vinculado ao quentamento global xa que cada ano queda menos xeo nos polos polo que esa auga en estado sólido pasa a estar líquida e fai que aumente así o nivel do mar, prevese que no ano 2050 máis de 300 millóns de persoas  os seus hogares quedaran inundados polo menos unha vez ao ano, e  no 2100 aproximadamente 200 millóns de persoas queden sen vivenda.

Os científicos explican que o nivel do mar ascende uns 3 milímetros por ano e se segue así pode aumentar entre 26 e 55 centímetros entre o 2000 e o 2100 e o  no peor dos casos ata 2 metros, a principal causa de este fenómeno é o ser humano xa que as emisións de gases fai que a temperatura do planeta ascenda e os polos se derretan, isto provocará a extinción de varias especies de animais xa que a condicións medioambientais nas que estaban acostumados a vivir van ser modificadas, como por exemplo os osos polares, que non van a ter xeo e as temperaturas necesarias e tampouco alimento.

Queda pouco tempo para reverter este gran cambio que pode acabar con parte da poboación, e hai unhas medidas que podemos facer para que non pase iso, unha delas, é a máis importante, é a redución de CO2 e tamén dos gases que atrapan a calor como poden ser o metano ou o feluxe, sen non tomamos este cambio en serio podemos acabar baixo a auga.

Esta entrada foi publicada en Cambio climático e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta